Irlandesa. Nacida en Vigo. Filla de
irlandeses que aman o seu país e que aman o país noso. Profesora de
Linguas. Tradutora e intérprete. Investigadora das relacións entre
idioma e sociedade. Esa é
Nicola Bermingham, a primeira entrevistada no programa 56.2
Comezamos o programa facendo unha aproximación ao perfil humano da
entrevistada. Conversamos sobre os motivos polo que os seus pais estaban
instalados en Galiza, sobre a súa escolarización no Colexio Público
García Barbón, sen esquecermos o retorno da familia emigrada e a
integración da nena no país de orixe/acollida.
Naturalmente tamén coñecemos a súa experiencia como estudante no Trinity
College Dublin e como profesora na Faculdade de Tradución e
Interpretación da Heriot-Watt University de Edimburgo.
Despois da música, falamos de como coñeceu a existencia do Modelo
Burela. Comentounos que foi nun congreso celebrado en Cork e que recibiu
a información a través da escritora Eva Moreda.
A segunda parte do programa resultou moi emotiva. A nosa colaboradora Lucía Rivas fixo unha magnífica produción. Seleccionou a entrevistada (Teresa Losada),
documentouse sobre o alcance do seu traballo, entrou en contacto con
ela e mesmo se ocupou de buscar unha música que lle gustase. Como
respondeu Teresa? Pois como ela o fai sempre: coa máxima sensibilidade.
Falounos do inmenso labor recollido baixo dúas palabras Monfero
Solidario.
Outro modelo de educación pública.
Para que non perdan nadiña do que se falou, aquí está o arquivo coa
entrevista.
É moitas grazas a Galiciaconfidencial:
Pincha aquí