Páxinas

sábado, 30 de septiembre de 2017

Xubilación do profesor Antón Niñe



Antón Niñe nunha entrevista de Proxecto Neo

Curriculum:

Profesor xubilado de Relixión no IES Perdouro de Burela, é Presidente da A.C. "Os Matos" da mesma localidade. Na parroquia Santiago de Foz é Catequista e Secretario do Consello Parroquial. En calidade de investigador sobre o patrimonio cultural, especialmente o da Mariña e a provincia de Lugo. Impartiu varías conferencias de temática variada. "Historias da educación de Foz", "Escolas de Fondós-Gardería Infantil: 250 anos da historia", "A vida focense e a súa relación co Asilo de Aciáns", "Foz na obra de Noriega e Cunqueiro", "O patrimonio cultural e relixioso na provincia de Lugo", "O patrimonio cultural e relixioso da Mariña", "Illas e illotes da Mariña de Lugo", "Semana Santa", "Camiño de Santiago", "Israel: a terra de Xesús hoxe", "Roma: cidade de encontro", "Ano 200 - Ano xubilar", "O cristián, peregrino no novo milenio", "A Eucaristía: O pan da vida". Tamén actuou como pregoeiro da Semana Santa en San Martiño de Mondoñedo e na Festa do San Campio en Fazouro. Ademas de ser colaborador en varias publicacións e medios informativos, realizou proxeccións audiovisuais ("75º Aniversario da Confraría de Pescadores de Foz") e varias exposicións de fotografía: "Foz as nosas festas", "Xentes do mar de Foz", "A muller de Foz no século XX" (as tres de recuperación da memoria fotográfica) e "A Festa do Bispo Santo" e "Alfombras florais das festas do Carme de Foz".
O Concello de Foz outorgoulle o Premio Manuel María ao labor cultural.

Obras realizadas:
Publicou os seguintes libros: "Asilo Nosa Señora do Carme. A súa historia" (1997), "IES Perdouro, 20 anos da vida" (2000) (Coautor do libro) e "Arredor da Virxe do Carme" (2004). É coordinador da Revista "Maruxía" e de diversos traballos de investigación publicados pola A.C. "Os Matos" como: "Refráns mariñeiros", "Medallistas Olímpicos galegos do século XX", "O románico no Norte de Lugo", "O gótico do Norte de Lugo", "Faros e balizas da Costa Luguesa" e "Illas e illotes da Costa Luguesa".

jueves, 1 de junio de 2017

Exposición de Lucía

Na inauguración da exposición de fotografías recibín unha grata sorpresa: a actuación dos irmáns Correia. Álex e Marcelo, gaiteiros, grazas!
Grazas tamén a amigos e familia.
Igualmente, estoulle moi agradecida ao alcalde Alfredo Llano; ao concelleiro de Cultura, Jose Díaz; a Bernardo Penabade, a Marco Pereira e a Matías (que me gravou un vídeo moi lindo). 


Pepa Losada tivo a xentileza de mandarme esta fotografía, que eu terei como modelo de traballo ben feito e como mostra de atención persoal. Emociona sentirse tan ben tratada.


sábado, 20 de mayo de 2017

IN MEMORIAN DO PROFESOR A. PIÑEIRO TORRES

O Profesor Piñeiro Torres no Pavillón Polideportivo do Colexio dos Castros.

Lucía Rivas

08/10/2016:

Hoxe foi un día triste para min. Fóisenos un grande mestre do Colexio Virxe do Carme de Burela. Chamábase Ángel Piñeiro Torres e deume clase durante dous cursos: en 1º e 2º da etapa do ensino primario.
Recórdoo como unha persoa moi cariñosa, que ensinaba moi ben, e encantábame atoparme con el e a súa familia durante as vacacións, cando volvían á Mariña.
Eu desexo que descanse en paz. Desde logo, nunca o esquecerei porque está no meu corazón como persoa boa e xenerosa.