Páxinas

miércoles, 28 de marzo de 2018

Quinto aniversario como fotógrafa oficial de Proxecto Neo en Fotos

Comecei a ser fotógrafa oficial da Radio Educativa do IES Perdouro, un 28 de marzo de 2013. A nosa codutora Karina Parga tivo que atender as redes sociais e non podía recoller a memoria gráfica. Eu collín a cámara é puxeme mans á obra e completei a reportaxe. Daquela estábamos co programa 61.2 (segunda etapa) e na actualidade xa chegamos ao número 222.7 (sétima etapa).

Síntome orgullosa dos meus amigos, por todo o apoio e ánimo que me transmiten. Grazas a Bernardo Penabade por toda esa confianza que me deu e dá: coa celebración do 100 programas; na visita dos nosos queridos amigos Rubén Riós e Andrés Rozados; pola grande sorpresa co premio "O Galego na Onda", xunto con Viviane e Laura Brito, Simón R. Rouco, Serxio Rivas, Maka Ledo, Helena Valle e Sofu Housni.

Cando chegou o momento do programa especial número 200 (o último do curso), tiven unha atención especial cos nosos queridos amigos Matías Nicieza, Bernardo Penabade e Karina Parga. Quedaron abraiados cando abriron a caixa dos doces feitos na pastelería "Doce Lecer". Que ricos!

No día 22 de decembro de 2017 fixemos unha comida coa equipa de Proxecto Neo. Estábamos con Matías Nicieza, Noé Fernández, Alba Geada, Nuria Ramos, Serxio Alonso e Bernardo Penabade. Felizmente, quedamos encantados/as e eu ofrecinlles unha reportaxe fotográfica para o recordo.

Está claro que eu quero gardar todas vivencias.


Lucía Rivas.
(Burela, 28 de marzo de 2018).