El cisne. Ruinas. A pegada de mellores tempo… O Vicedo.
A colaboradora de Radio Burela e fotógrafa oficial do programa
“Proxecto Neo”, Lucía Rivas, ven de acadar unha posición destacada no
Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2013, no que unha instantánea súa
quedou entre as imaxes finalistas.
A fotógrafa, que ademáis administra en Facebook a páxina
“Proxecto Neo en Fotos”, na que colga o
material fotográfico sobre o
programa de radio
educativa da emisora do corazón da Mariña, presentou ao certame unha
imaxe realizada nunha fábrica de conservas: El cisne. Ruinas. A pegada
de mellores tempo… O Vicedo.
Esta é a primeira vez que Lucía Rivas presenta un traballo seu nunha
competición destas características, mais o éxito acadado anímaa a seguir
facéndoo no futuro.
O certame Imaxiña 2013 contou con grande recoñecemento a obras
realizadas por alumnas e alumnos do IES Monte Castelo de Burela, centro
onde tamén estuda Lucía Rivas.
Exposición
O acto concluíu coa inauxuración da exposición dos traballos dos finalistas no centro de ensino
burelao. A mostra, que tamén está composta de imaxes de 2012, poderá
contemplarse no IES Monte Castelo ata finais de febreiro. En marzo,
recibiraa o IES de Ribadeo e en abril volverá a Burela para a Casa da
Cultura. O resto dos centros participantes tamén poderán engalanarse e
gozar das instantáneas entre finais deste curso académico e comezos do
próximo, como aperitivo para a edición de 2014.