Páxinas

sábado, 21 de mayo de 2016

A Fotógrafa Oficial de “Proxecto Neo” de Radio Burela, finalista do Imaxiña por segunda vez.

Lucía Rivas, ex-alumna do IES PERDOURO e actualmente estudante no IES MONTE CASTELO, e fotógrafa oficial do programa intercultural "Proxecto Neo" de Radio Burela, foi un ano máis finalista no Certame Audiovisual Imaxiña. Neste caso acadou a clasificación por unha foto do Faro Punta Roncadoira, en Xove.

Faro Punta Roncadoira, Xove (Lugo).

Lucía Rivas quere agradecer a todas as persoas que votaron pola súa foto, conseguindo un total de 268 votos, e tamén felicitar aos alumnos de 1º de BAC do IES PERDOURO, Tamara Rico e Pablo García, premiados no Certame.

Fotógrafa Oficial do programa intercultural "Proxecto Neo" de Radio Burela.

A obra fotográfica de Lucía pode ser contemplada nas páxinas de Facebook: Proxecto Neo en Fotos e Lucía Rivas - Burela - Fotografía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario