Na inauguración da exposición de fotografías recibín unha grata sorpresa: a actuación dos irmáns Correia. Álex e Marcelo, gaiteiros, grazas!
Grazas tamén a amigos e familia.
Igualmente, estoulle moi agradecida ao alcalde Alfredo Llano; ao concelleiro de Cultura, Jose Díaz; a Bernardo Penabade, a Marco Pereira e a Matías (que me gravou un vídeo moi lindo).
Pepa Losada tivo a xentileza de mandarme esta fotografía, que eu terei como modelo de traballo ben feito e como mostra de atención persoal. Emociona sentirse tan ben tratada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario