Burela, vila mariñeira. Burela, terreo de todos. Somos o cabo da esperanza que acolleu o soño de moitos.
Nos primeiros anos, África. Os caboverdianos chegaron, acollémolos con agrado, e con esforzo nos pagaron.
América non se resistiu e chegaron os colombianos, Arxentina, Perú, Brasil... todos viñeron decontado.
Nos días que agora corren, moitos outros seguen os pasos, mesturámonos dende nenos e entre nós non nos xulgamos.
O vento mareiro, o noso. O vento do nordés, o noso. O porto pesquero, o noso. Únennos a todos, convosco.

No hay comentarios:
Publicar un comentario