Mércores 6 de marzo. Comezamos cuns problemas técnicos e iso
obstaculizou o ritmo da primeira parte do programa. Mais superamos a
adversidade, porque tíñamos moita forza vital no estudio de Radio
Burela. Con nós estiveron Xeila, Serxio, Alicia, Paulo, Andrés e Simón.
A primeira convidada foi a nosa ex-alumna Lucía Rivas. Con ela recordamos diversas vivencias, moi especialmente as relacionadas coa revista Maruxía. Despois Lucía ocupouse de seleccionar e comentar a música do programa.
A primeira convidada foi a nosa ex-alumna Lucía Rivas. Con ela recordamos diversas vivencias, moi especialmente as relacionadas coa revista Maruxía. Despois Lucía ocupouse de seleccionar e comentar a música do programa.
Coa condución de Simón falamos con Driss Daki,
alumno de 4º de ESO do IES Leiras Pulpeiro de Lugo. Este mozo leva dous
anos en Galicia e deféndese moi ben no idioma galego. Foi moi capaz,
incluso, de bromear con nós, xogando co dobre sentido da linguaxe.
Driss fai parte dun grupo de adolescentes e coordina tertulias
especializadas na tématica de Xapón, moi especialmente do manga e do
anime do país do sol nacente.
Na segunda parte do programa demos a coñecer o blog do escritor galego-arxentino Jorge Rodríguez. Inmediatamente despois, viaxamos a Londres para entrevistarnos con Dani Ladra,
técnico do Baku United da liga inglesa de fútbol Sala. O rapaz de
Celeiro abriunos o seu corazón. Falounos da súa familia, do Cefire de
Fútbol Sala, da súa experiencia inglesa e de moitos asuntos máis.
Audio Proxecto Neo nº 46.2 aquí.
Visita en este vídeo de Proxecto Neo --> http://www.youtube.com/watch?v=fZlYTnxcIcU

Mira que guapos saimos... Grazas a Proxecto Neo por poñer a foto xenial... E tamén grazas por ser a fotográfa oficial do Proxecto Neo...
ResponderEliminarUn abrazo de Lucía Rivas.